RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL

Responsibilidade Social Empresarial

 

QUÉ É A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL?

 

1. Xurdimento da RSE.

 

A responsabilidade social empresarial (tamén chamada responsabilidade social corporativa) xurdiu como resposta aos grandes escándalos económicos que afectaron a grandes compañías no período comprendido entre o ano 2001 e o 2003.

 

A RSE pretende ser un mecanismo voluntario de xestión empresarial a nivel económico, social e ambiental que garante a transparencia da xestión e que estableza vínculos de comunicación coas partes interesadas da compañía.

 

Por outra banda, e como parte das razóns do nacemento da RSE, outras grandes entidades vense inmersas en escándalos sociolaborais que inflúen negativamente na súa reputación . Estes feitos impulsan a publicación de varios documentos no ano 2000, desde o Pacto Mundial das Nacións Unidas, pasando polas Liñas Directrices da OCDE para empresas multinacionais e, por último, a Declaración Tripartita de Principios sobre empresas multinacionais e política social da OIT. Así mesmo, a Unión Europea publica no 2001 o Libro Verde sobre o Fomento dun marco europeo para a promoción da RSE. Non hai que esquecer tampouco o contexto ambiental; existe, desde o Cumio de Estocolmo en 1972 até os nosos días, unha preocupación crecente sobre como compatibilizar o desenvolvemento económico co desenvolvemento social e ambiental, garantindo un uso sostible dos recursos naturais, nun contexto de solidariedade intra e interxeracional.

 

Aos devanditos factores financeiros, sociolaborais e ambientais pódense engadir algúns elementos descritores da realidade socioeconómica actual, tales como a globalización dos mercados, unha maior demanda e acceso á información, novas formas de organización do traballo e unha sociedade civil cada vez máis desenvolvida. Así, é neste escenario onde xurde a RSE, compromiso voluntario por parte das empresas que pretende xuntar nunha estratexia de xestión, a creación de valor económico, social e ambiental, a curto e longo prazo, tendo en conta nas súas políticas a articulación dos intereses dos diferentes stakeholders (ou partes interesadas), para achegarse cada vez máis ao modelo de empresa sostible. O desenvolvemento actual, desmedido no uso de recursos naturais e na xeración de residuos, desequilibrado e inxusto entre países debe virar cara a modelos respectuosos co medio ambiente e a sociedade.

 

Unha empresa sostible caracterizarase por:

 

  • Maximizar a creación de riqueza para a sociedade na que opera, creando productos e servicios respectuosos co medio ambiente.
  • Aproveitar as oportunidades que a mellora da calidade de vida ofrece para os negocios.
  • Favorecer a participación da sociedade na compañía para buscar solucións conxuntas.
  • Comprometerse ao diálogo cos stakeholders.
  • Desenvolver liñas directrices de sustentabilidade para a industria; produción limpa, melloras tecnoloxías dispoñibles...
  • Desenvolver estratexias empresariais nas que se integran as dimensións económica, ambiental e social.
  • Intensificar a creación de alternativas tecnolóxicas sostibles.
  • Ter aceso a mellores condicións de financiamento e seguros.

 

2. O papel da RSE na sustentabilidade empresarial:

 

A sustentabilidade enténdese como aquel desenvolvemento que permite satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das do futuro para atender as súas propias necesidades (Informe da Comisión Mundial sobre o medio ambiente e o desenvolvemento. Comisión Bruntland:O noso futuro común).

 

O desenvolvemento sostible debe apoiarse en tres alicerces: o desenvolvemento económico, o desenvolvemento social e a protección ambiental. Onde o desenvolvemento económico é viable e o desenvolvemento social é equitativo nun entorno habitable, é onde podemos falar dun desenvolvemento sostible. Cando tratamos a sustentabilidade empresarial, é preciso achegar esta definición ao mundo da empresa. Así, teremos que falar de Responsabilidade Social Empresarial

 

  • Un desenvolvemento económico da empresa respectando as normas financeiras vixentes.
  • Un funcionamento socialmente responsable. É dicir, unha empresa na que non se discrimine aos traballadores por razóns de xénero, raza, etc. Na que se fomente a conciliación da vida persoal e laboral, etc.
  • Unha actividade respectuosa có medio ambiente.

 

Como xa se veu con anterioridade, a responsabilidade social empresarial enténdese como o desenvolvemento da empresa nun marco de equilibrio entre estes tres factores: o económico, o social e o ambiental. De tal xeito que unha empresa que se rexa polos principios da RSE, estará en principio, achegándose a unha xestión empresarial sostible. Mentres o desenvolvemento sostible é unha estratexia de carácter global, que afecta ao conxunto da sociedade, a RSE funciona a unha escala máis pequena, afectando ás empresas. Isto concorda co lema do funcionamento da globalización: “Pensa globalmente, actúa localmente”.

 

Beneficios e vantaxes da RSE

 

Segundo o “Foro para la Evaluación de la Gestión Ética” (www.foretica.es) ante dous produtos similares, algo máis do 53 % dos consumidores elixiría aquel procedente dunha empresa socialmente responsable, aínda que fora un pouco máis caro. Os expertos aseguran que a maior inversión en RSE, maior rendemento económico. É máis, desde o punto de vista de organización, estructura, motivación do persoal, productividade...o beneficio é inmediato. De feito sosteñen que tódalas empresas acabarán entrando xa que é unha esixencia do mercado. Os beneficios tanxibles teñen que ver co aforro na factura da luz, da auga, dos consumibles e materias primas, etc. E, os intanxibles, coa posibilidade de que se nos abran mais portas para negociar con grandes empresas e coa Administración, e un maior recoñecemento dos consumidores e da competencia.

 

Outras vantaxes importantes son as que reporta con relación aos traballadores. Así, se estes entenden o que ocorre na empresa, terán un mellor estado de ánimo, nos reteremos mellores equipos de traballo porque están orgullosos de traballar na empresa, o que redundará na productividade e calidade dos productos que esta ofrece. Un bo clima laboral inflúe moi positivamente na reputación da empresa.

 

Nembargantes, as empresas non deben embarcarse en actividades de RSE que non contribúan a crear valor. Non debe converterse nunha carga, senón nunha axuda. Non podemos confundir a RSE con facer só unha memoria de sustentabilidade; se non se crea valor, a RSE suporá unha carga para a organización.

 

3. A definición dos valores da empresa.

 

A misión e a visión empresarial. Antes de comezar a definir qué son a visión e a misión empresarial, é preciso aclarar algúns puntos.

 

A RSE non consiste en levar a cabo acción puntuais, senón que é preciso unha análise máis profunda da nosa empresa, preguntarnos quén somos e onde queremos chegar e de qué maneira o imos conseguir. Así, este quén somos constitúe a misión da empresa, a súa razón de ser, mentres que a visión é a proxección da empresa, o seu lugar en escenarios futuros.

 

A misión expón qué necesidade social se está a satisfacer a través da oferta de productos ou servicios axeitados. Cando as persoas saben con claridade que necesidades sociais satisfan, se identifican mellor co que fan. Ao mesmo tempo, cando os productos e os servicios ofertados satisfan plenamente necesidades sociais, a sociedade se identifica coa empresa.

 

A visión trascende a misión e da unha proposta de futuro á organización, identifica os obxectivos estratéxicos que deben encamiñarse a alcanzar a visión. Debe responder á pregunta que queremos ser e debe ser compartida e entendida por toda a organización.

 

4. A estratexia de RSE

 

Non pode entenderse a RSE como unha mera actividade de mecenado. Unha estratexia de RSE debe ser moito máis ambiciosa. É dicir, o exercicio da RSE debe empapar todos os aspectos da xestión empresarial, non pode ser un aspecto máis a xestionar, senón que se debe poñer en marcha un modelo de xestión socialmente responsable.

 

5. As partes interesadas (stakeholders)

 

As partes interesadas ou stakeholders son precisamente o que indica o seu nome, as persoas, empresas, institucións ou administracións que poidan verse afectadas pola nosa actividade. Non todos os stakeholders dunha organización teñen porque ter os mesmos intereses (mesmo poderían ser contradictorios) o niveis de implicación. O compromiso cos stakeholders debe implicar o establecemento das bases para crear con eles un diálogo que permita incorporar as súas expectativas aos obxectivos empresariais.

 

Así poden ser stakeholders:

 

  • Os accionistas
  • Os empregados
  • Os consumidores
  • Os provedores
  • As comunidades locais nas que opera a empresa
  • Os medios de comunicación
  • As administracións públicas e os órganos reguladores
  • As organización gobernamentais
  • Os sindicatos
  • As ONGs

 

Os competidores

 

As relacións cos stakeholders transformáronse nos últimos anos, pasando dunha primeira etapa na que as empresas relacionábanse cos seus stakeholders baixo a presión destes para concederlles beneficios puntuais ata etapa actual, na que se procura unha relación estratéxica que faga da empresa unha organización competitiva, ao tempo que sostible.

 

As relacións cos stakeholders reportan beneficios ás empresas, tales como:

 

  • Facilitar unha mellor xestión do risco e reputación.
  • Permitir que as empresas aprendan dos seus stakeholders, o que xera melloras de productos e procesos.
  • Desenvolver a confianza entre a empresa e os seus stakeholders
  • Posibilitar a comprensión do contexto complexo dos negocios, mesmo o desenvolvemento dos mercados e a identificación de oportunidades estratéxicas.
  • Informar, educar e influír aos stakeholders e ao entorno empresarial para mellorar os seus procesos de toma de decisións e as accións que afectan ás compañías e á sociedade.
  • Conducir a un desenvolvemento social máis equitativo e sostible ao brindar a oportunidade de participar nos procesos de toma de decisións a quen ten dereito a ser escoitado
  • Permitir a combinación de recursos (coñecemento, persoas, diñeiro e tecnoloxía) que resolva os problemas e acade obxectivos que as organizacións non poidan lograr de xeito independente.
  • Para establecer relacións cos stakeholders é preciso identificalos previamente. Pero, aínda antes de dar ese paso, cómpre analizalo estratexicamente: saber con quen queremos relacionarnos e para que.

 

A identificación dos stakeholders pode realizarse en distintas dimensións:

 

  • Por responsabilidade. Persoas coas que ten o terá responsabilidades legais, financeiras e operativas segundo regulamentacións, contratos, políticas ou prácticas vixentes.
  • Por influencia. Persoas que teñen ou terán posibilidade de influír a capacidade da organización para acadar as súas metas.
  • Por proximidade. Persoas coas que interactúa a organización, incluíndo stakeholders internos ou con relacións de longa duración coa organización ou aqueles dos que depende a empresa nas súas operacións cotiás e os que viven preto das plantas de produción.
  • Por dependencia. Trátase das persoas que máis dependen da súa organización,como , por exemplo, os empregados e as súas familias, os clientes cuxa seguridade, sustento, saúde o benestar depende dos seus productos, ou os provedores para quen a compañía é un cliente importante.
  • Por representación. Unha vez identificadas, dentro destes grupos, as nosas partes interesadas, hai que proporcionar as bases para crear un diálogo fluído con elas e incorporara as súas expectativas aos obxectivos da organización.

 

As partes interesadas non só deben terse en conta de cara a publicar a información sobre o noso exercicio da RSE, senón que son parte fundamental á hora de fixar a estratexia de RSE, fortalecendo máis un puntos ou outros.

 

6. Os aspectos económicos, ambientais e sociais da RSE.

 

7. O establecemento dun sistema de indicadores de RSE.

 

Cando a estratexia de RSE forma parte da empresa cómpre verificar a súa efectividade. Os indicadores teñen a función de sinalar con datos medibles e obxectivos a consecución dos obxectivos e, polo tanto, se as accións levadas a cabo para acadalos eran ou non as axeitadas. Fixaranse indicadores de desempeño económico, ambiental e social.

 

Así mesmo, a divulgación de estes resultados proporcionará información do noso desempeño aos stakeholders, dun xeito obxectivo.

 

A información que a organización declara debe ser comparable en relación co seu desempeño anterior, pero tamén co desempeño doutras organizacións. Por iso, é recomendable establecer indicadores que estean admitidos por tódalas organizacións, como poden ser os do GRI. Tamén poden adaptarse os indicadores do GRI á realidade da organización (O GRI publicou unha Guía adaptada para PEMES: “Ciclo preparatorio para la elaboración de memorias de sostenibilidad GRI: Manual para organizaciones pequeñas y medianas”).

 

8. A divulgación da RSE: a memoria de sostibilidade.

 

Unha das bases da RSE é a transparencia, a divulgación dos resultados obtidos e das políticas implantadas. Amosar os aspectos da nosa xestión indica que non temos nada que ocultar, xerando un sentimento de implicación entre os nosos traballadores, ao tempo que aumenta a confianza dos nosos clientes e, en xeral, da sociedade na que desenvolvemos a nosa actividade.

 

Para a meirande parte das empresas está claro que unha comunicación eficaz e regular pode ter un impacto directo e positivo sobre os resultados finais, especialmente, coa apertura de novas oportunidades de negocio.

 

Ademais, decidir que mensaxes imos dar a coñecer, daranos tamén a oportunidade de reflexionar sobre o que realmente facemos como empresarios responsables.

 

Hai moitas maneiras de ofrecer mensaxes relacionadas coa empresa; escoller a mellor vía dependerá de a quén queremos que chegue a mensaxe e do tema que se queira transmitir. Unha comunicación eficaz consistirá en transmitir información a un grupo de destinatarios que sexa válido para a nosa empresa e os nosos obxectivos.

 

Para comunicar a RSE poden empregarse etiquetas nos produtos, o embalaxe, as relacións cos medios de comunicación, boletíns informativos, actos públicos, carteis, follas publicitarias, guías, sitios web, anuncios, etc. Dependendo dos destinatarios da memoria, existen diversas formas de Comunicación.

 

A RSE EN FORMANOR

 

Formanor plantexa a responsabilidade social empresarial como un compromiso a medio e longo prazo onde o mais importante e consolidar progresivamente un itinerario e una forma de facer.

 

Entendemos que a responsabilidade social empresarial non trata de evitar impactos negativos, se non de integrar positivamente na xestión e nas actuacións empresariais a asunción de valores sociais e medioambientais, en aqueles aspectos que están relacionados coa propia razón de ser de cada empresa en cada sector concreto. Así, a responsabilidade social non e unha mera reación as demandas sociais; tratase dunha oportunidade para exercer o liderazgo empresarial, que, en Formanor, queremos facer nosa.

 

Formanor contribue e quere contribuir no conxunto da sua actuación ao desenvolvimento da nosa sociedade.

 

Para acadalo, nos vindeiros meses, analizaremos a situación da empresa en materia de RSE, para, a partir deste diagnóstico poder planificar unha serie de actuacións que serán avaliadas unha vez executadas. Todos estes resultados serán comunicados aos nosos grupos de interese a través dunha memoria de sustentabilidade.